Asistencia a conferencias |
20 horas |
Obrigatorio |
Os doutorandos asistirán a un mínimo de 5 conferencias cada ano (3 os matriculados a tempo parcial). A CAPD planificará polo menos 8 conferencias cada ano. As conferencias serán impartidas por profesores/científicos relevantes de diversos países. |
Impartición de Seminarios de investigación |
90 horas |
Obrigatorio |
Cada doutorando impartirá un mínimo de 2 seminarios (1 os matriculados a tempo parcial) de 20 minutos por ano. En cada seminario participarán 2 alumnos (1 os matriculados a tempo parcial) que resumirán os progresos da investigación que realizaron ata o momento, ou resumirán un artigo de investigación. |
Presentación de comunicación en congresos |
30 horas |
Obrigatorio |
Os alumnos están obrigados a asistir polo menos a un congreso (preferentemente internacional) ao longo da súa formación doutoral. No congreso presentarán os resultados da súa investigación mediante unha comunicación oral ou poster. |
Redacción e publicación de artigos científicos |
40 horas |
Obrigatoria |
Os alumnos terán que redactar polo menos un artigo científico no formato dunha das revistas de JCR. Este artigo enviarase a esa revista para a súa publicación. |
Estadías no estranxeiro |
480 horas |
Opcional |
Fomentarase que cada alumno realice durante o período de doutoramento polo menos unha estadía de tres meses nun centro de investigación. As estadías realizaranse, preferentemente, durante a segunda metade dos 3 ou 5 anos que dura o doutoramento. |